Please upgrade your web browser now. Internet Explorer 6 is no longer supported.>

CONVOCATORIA PRAZAS BRIGADA DEFENSA CONTRA INCENDIOS: CINCO PRAZAS DE PEÓN E UNHA DE XEFE DE BRIGADA

O Concello de Cospeito convoca cinco prazas de persoal laboral temporal de peón de brigada, e unha praza de xefe de brigada, para constituír a Brigada de Prevención e Extinción de Incendios.

Prazo de presentación de instancias: dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio nun dos xornais de maior difusión da provincia e na páxina web do concello: www.concellodecospeito.es             

Modelo de instancia e bases: estarán a disposición dos interesados nas Oficinas Xerais do Concello de Cospeito (horario de 9:00 a 14:00 horas), ou previa solicitude no correo electrónico: adlcospeito@concellodecospeito.es