AS ACTIVIDADES COMEZARÁN EN OUTUBRO DE 2019 E REMATARÁN EN XUÑO  DE 2020.

ENTREGAR NOS COLEXIOS A  INSCRICIÓN ANTES DO VENRES 18 DE OUTUBRO.

Os alumnos e alumnas recibirán clases de fútbol sala, patinaxe, ximnasia rítmica, natación, tenis e tenis de mesa. Pero tamén haberá ximnasia para adultos e ZumbaTodas elas se desenvolverán en horario de tarde, excepto as clases de patinaxe que se dividen en dous grupos -segundo idade e nivel- que se desenvolverán no ximnasio do CPI Virxe do Monte e no pavillón municipal de Cospeito os martes e mércores de dúas menos cuarto a tres menos cuarto da tarde -ademais dos luns entre as cinco e as seis e cuarto da tarde. Dous grupos se establecen tamén para as clases de ximnasia rítmica. Así, os xoves entre as catro menos cuarto e as cinco será a quenda do grupo 2 -con alumnos e alumnas nacidas entre 2002-2010- e entre as cinco e as seis, par ao grupo 1 -con alumnos e alumnas nacidas entre o 2010 e o 2013. O pavillón municipal de Muimenta acollerás as clases de tenis os luns e mércores de tres e media a catro e media. E, no caso do tenis de mesa, as clases desenvolveranse o xoves entre as catro menos cuarto e as cinco no ximnasio CPI Virxe do Monte no pavillón municipal de Cospeito. As clases de natación desenvolveranse os luns na piscina de Vilalba divididos en tres grupos segundo idade e nivel -ademais dun grupo de nado libre- en horario de catro e cuarto a cinco, aínda que xa se contempla a recollida dos alumnos e alumnas á saída do colexio acompañados dun monitor. A tarde do martes será para fútbol sala: de catro menos cuarto a cinco -prebanxamíns e benxamíns-, de cinco e dez a seis e dez -alevíns- e de seis e vinte a sete e vinte -para infantís e cadetes-. Estes dous últimos terán clases divididas o mércores pola tarde: os infantís de catro menos cuarto a cinco e os cadetes, de cinco e dez a seis e dez. No mesmo horario, pero os venres, haberá

 Para calquera dúbida ou consulta chámenos

TELÉFONOS:

982520001 – 606931035 (CONCELLERÍA DE DEPORTES).

Impreso Solicitude

Descarga aquí o impreso para a solicitude

Ficha horarios

Aquí podes ver a ficha con todas as atividades o os horarios correspondentes

Cartel

Cartel escolas deportivas, datas de inicio.

Adultos As Escolas Deportivas 17/18 tamén achegan actividades dirixidas especialmente a adultos. É o caso das clases de ximnasia que se desenvolverán en Muimenta os luns de sete a oito da tarde e en Cospeito os xoves de sete e media a oito e media. Tamén se impartirán sesións de Zumba para adultos os luns e venres de sete e media a oito e media.

¿Querés máis info?

Si tes algunha dúbida ou precisas máis información

 

670858269 (TUCHO) OU 626848414 (JESU)